
Inicio

O paradoiro de Juan Almonte Herrera descoñócese dende que fora detido pola policía nacional da República Dominicana o 28 de setembro de 2009
O VENRES 30 DE SETEMBRO Amnistía Internacional de Lugo organizou un acto a prol Juan Almonte Herrera, membro do Comité Dominicano dos Dereitos Humanos, coincidindo co segundo aniversario da súa “desaparición”, tras ser detido por axentes de Policía da República Dominicana.
O 28 de setembro de 2009 Juan Almonte Herrera dirixíase a pé á oficina onde traballaba como contable, cando catro homes armados lle deron o alto. Os homes obrigárono a entrar nun auto e levárono. Segundo os informes, varias testemuñas presenciais identificaron os homes armados como axentes do departamento antisecuestros da Policía Nacional.
O 2 de outubro de...
[Ler máis]
A vidreira da Facultade de Veterinaria de Lugo acollerá dende o 22 de marzo e ata o 8 de abril a exposición de Amnistía Internacional “Nixeria: terra contaminada, terra que arde”. Nesta exposición, Kadir van Lohuizen, fotógrafo da axencia NOOR, mostra a contaminación causada pola industria do petróleo no Delta do Níxer en Nixeria, e as súas consecuencias para as persoas que habitan na zona.
As empresas petroleiras occidentais levan desenvolvendo as súas actividades na rexión desde a década de 1950, pero non aportaron prosperidade. Todo o contrario. Gran parte da poboación vive na pobreza. Aparte da industria petroleira, os demais sectores económicos apenas se desenvolveron e a corrupción está moi estendida.
A contaminación impide que as persoas poidan...
[Ler máis]
Con motivo da visita a Lugo dunha delegación da República Popular da China que, segundo informes de prensa, manterá contactos con representantes políticos e empresariais da provincia, o grupo lucense de Amnistía Internacional fai un chamamento para que os dereitos humanos non sexan esquecidos.
O grupo local de Amnistía Internacional espera que nos contactos coa delegación chinesa, ademais das cuestións comerciais, as autoridades e demais representantes da provincia lles trasladen a súa preocupación pola situación dos dereitos humanos.
Segundo Amnistía Internacional, na República Popular da China existen enormes restricións á liberdade de expresión, reunión e asociación. Os defensores e defensoras dos dereitos humanos son sometidos a arresto domiciliario,...
[Ler máis]
A Juan Almonte Herrera non se lle volveu ver dende o 28 de setembro de 2009, cando ao parecer foi secuestrado por catro homes identificados por testemuñas presenciais como axentes de policía.
Segundo os avogados que representan á súa familia, Juan Almonte, membro da ONG Comité Dominicano dos Dereitos Humanos, dirixíase a pé á oficina onde traballaba como contable, cando catro homes armados lle deron o alto. Os homes obrigárono a entrar nun auto e o levaron. Segundo os informes, varias testemuñas presenciais identificaron os homes armados como axentes do departamento antisecuestros da policía nacional. Dúas horas despois da detención, a policía anunciou por televisión que buscaba a Juan Almonte Herrera porque o estaban investigando en relación co secuestro dun...
[Ler máis]
A violencia sexual, o maltrato de xénero, os abusos sexuais nos conflitos armados ou a violación como arma de guerra, son algunhas das temáticas que abordan os relatos de Camiñan descalzas polas rochas.
Participan neste libro cos seu relatos, todos eles orixinais, as escritoras Rosa Aneiros, Paula Carballeira, Anxos Sumai, Carmen Blanco, Marilar Aleixandre, María Reimóndez, Helena Villar Janeiro, Ana Expósito e Marica Campo; e as ilustradoras Nuria Díaz, Noemí López, Almudena Aparicio, Ánxeles Rodríguez Ferrer, Marina Seoane, María Lires, Car, Ana Pillado, Aurora López e Rebeca López.
O libro ábrese coa reprodución do poema do que toma o título “Camiñan descalzas polas rochas”, de Ana Romaní, incluído no poemario Das últimas mareas, e péchase coa reprodución...
[Ler máis]Amónsanse resultados 1 ao 5 de 6