Amnistía Internacional : Galicia
Non máis violencia contra as mulleres
Aproveitando esta data, Amnistía Internacional quixo destacar o papel fundamental que xogaron as mulleres nos alzamentos de Oriente Medio e o Norte de África, un activismo que se debe traducir en vitorias para os dereitos da muller. En todo Oriente Medio e o Norte de África as mulleres son unha forza inspiradora para o cambio ao haberse alzado contra réximes represivos para defender dereitos humanos fundamentais e promover a reforma e a igualdade. Neste Día Internacional da Muller, AI quixo solidarizarse con estas valentes mulleres, para apoialas na súa loita polos dereitos humanos e a liberdade, e facerlles saber que o mundo as poia neste momento histórico.
8 de marzo: As mulleres de Oriente Medio, protagonistas das revoltas, pero non dos dereitos
“En todo Oriente Medio e o Norte de África as mulleres son unha forza inspiradora para o cambio ao terse alzado contra réximes represivos para defender dereitos humanos fundamentais e promover a reforma e a igualdade”, declarou Widney Brown, directora xeral de Dereito Internacional e Política de Amnistía Internacional.
“Neste Día Internacional da Muller solidarizamos con estas valentes mulleres, para apoialas na súa loita polos dereitos humanos e a liberdade, e para facerlles saber que teñen o apoio do mundo neste momento histórico.”
As mulleres ocuparon un fundamental nas protestas en toda a rexión. Os seus chamamentos para que se poña fin á discriminación de xénero en todos os ámbitos da vida pública, política e social atoparon eco en toda a rexión. Asumiron os mesmos riscos que os homes e non se libraron da peor parte da violencia. Moitas manifestantes sufriron acoso, torturas e outros malos tratos relacionados especificamente co seu xénero.
Para apoiar estas reclamacións das mulleres de Oriente Medio e o Norte de África, Amnistía Internacional España puxo en marcha unha ciberacción que recolle firmas que serán enviadas ás autoridades de Arabia Saudita, Bahréin, Exipto e Iemen
Accede á ciberacción en http://www.es.amnesty.org/actua/acciones/mujeres-oriente-medio-norte-africa/
A activista Nicole Odia, en Vigo
Odia é directora da oficina de Kinshasha da organización Acción Contra a Impunidade para os Dereitos Humanos (ACIDH), na República Democrática do Congo. Esta organización, creada no 2004, traballa para poñer fin á impunidade por violacións de dereitos humanos na RDC. As súas actividades principais inclúen a supervisión, defensa, sensibilización e formación en dereitos humanos.
O sábado estivo en Vigo iniciando o seu vira por varias cidades europeas. Nicole veu a Europa invitada por AI co obxectivo de solicitar o apoio internacional necesario para que as violacións de dereitos humanos cometidas no seu país non queden impunes e as vítimas reciban verdade, xustiza e reparación. No grupo de Vigo de Amnistía Internacional sentímonos honrados coa súa visita e foi un pracer compartir con ela a xornada do sábado.
Amnistía Internacional celebra un Día de Acción Global en solidariedade cos activistas da primavera árabe
Baixo o lema Non se pode reprimir a primavera árabe, a organización saíu á rúa para apoiar a dignidade e a coraxe das persoas que se mobilizaron, e o seguen facendo, en Oriente Medio e o Norte de África, arriscando as súas vidas, para reclamar respecto aos dereitos humanos.
O grupo local de Vigo sumouse a esta iniciativa cun acto celebrado o mesmo sábado 11, de 11:00 a 14:00h, en Príncipe, esquina con Velázquez Moreno. O acto comezou coa lectura dun poema de Aayat Hasan Yusuf Mohmed Alqormozi, apresada por criticar a través do mesmo ao Primeiro Ministro de Bahrein.
Ao longo da xornada recolléronse firmas con peticións ás autoridades sirias e exipcias:
Ás autoridades exipcias pídeselles que respecten as liberdades públicas, impidan o uso excesivo da forza por parte da policía e o exército e investiguen de xeito independente e imparcial todos os abusos aos dereitos humanos. Tamén se lles demanda que reformen o sistema de xustiza e poñan fin aos xuízos militares, así como que aseguren a participación das mulleres na construción dun novo Exipto, igualitario e non discriminatorio.
Ás autoridades sirias se lles insta a que deteñan os homicidios de civís por parte da forzas de seguridade e o exército, poñan fin á tortura e aos malos tratos xeneralizados contra os activistas da oposición detidos e poñan en liberdade aos miles de prisioneiros de conciencia capturados desde o comezo das revoltas.
Como acto simbólico, l@s activistas animaron a acódelas asistentes a pegar flores de papel nun gran panel para compoñer a palabra “Solidariedade”.
Por un TCA a proba de balas
Excmo. Sr. D. Alan Solomont
Embaixador de los EEUU en España. Embaixada de los EEUU en España.
R/ Serrano 75, 28006 Madrid
Fax Nº: 91/5872303
Estimado Sr.
Escríbolle en relación á negociación do Tratado sobre o Comercio de Armas (TCA) que terá lugar en 2012 no seo da ONU.
Nos recentes acontecementos relacionados coa "primavera árabe" púxose de manifesto que as transferencias irresponsables de armas contribuíron a cometer ou agravar graves violacións dos dereitos humanos nestes países. Os feitos evidencian a insuficiencia dos actuais controis sobre as exportacións de armas. É hoxe necesario un TCA efectivo e legalmente vinculante para todos os Estados.
Solicítolle que o seu país apoie un TCA mediante o cal se denegue a autorización dunha transferencia de armas cando exista un risco substancial de que estas armas poidan ser usadas para cometer ou facilitar que se cometan violacións graves dos dereitos humanos. Esta "regra de ouro" tamén deberá aplicarse cando exista o risco de que a transferencia poida desviarse a usuarios finais non autorizados. O alcance do TCA debe abarcar a todos os tipos de armas, municións e armamento destinados ao uso letal da forza en operacións militares ou policiais, a calquera dos seus compoñentes e accesorios, así como ás tecnoloxías e os coñecementos técnicos necesarios para a fabricación e o mantemento deses artigos.
Caso Garzón: ninguén debe ser xulgado por investigar violacións de dereitos humanos
O próximo 24 de xaneiro comeza no Tribunal Supremo o proceso xudicial contra o xuíz da Audiencia Nacional Baltasar Garzón, no que se persegue penalmente ao maxistrado, actualmente suspendido, por iniciar unha investigación sobre violacións a dereitos humanos cometidas durante a guerra civil e o franquismo.
Amnistía Internacional considera escandaloso que un maxistrado sexa xulgado por buscar a xustiza, a verdade e a reparación para as vítimas e os familiares dunha violación masiva de dereitos humanos. A investigación dos abusos contra os dereitos humanos é unha obrigación de dereito internacional para o Estado español, incluíndo o Poder Xudicial no seu conxunto.
Ao xuíz da Audiencia Nacional acúsaselle dun presunto delito de prevaricación por abrir unha causa na Audiencia Nacional para investigar a desaparición forzada de 114.266 persoas entre o 17 de xullo de 1936 e decembro de 1951. A Garzón acúsaselle, entre outras cuestións, de non aplicar a propósito a Lei de Amnistía de 1977 na instrución do caso.
Amnistía Internacional considera irrelevante que a investigación do xuíz Garzón infrinxira ou non a lexislación nacional española, xa que é xustamente a Lei de Amnistía de 1977 a que impide iniciar procesamentos por delitos de dereito internacional, a que supón un incumprimento das obrigacións contraídas por España en virtude do dereito internacional. Para a organización, xamais pode considerarse como delito a investigación de violacións de dereitos humanos, aínda si para iso é necesario deixar de lado unha lei de amnistía ou outras normas relativas á prescrición dos delitos.
Ademais, é profundamente preocupante a dilación que sufriu a investigación dos crimes de desaparición forzada durante a guerra civil e o franquismo, como recolle un informe que Amnistía Internacional fará público a finais de ano.
Por outra banda, Amnistía Internacional urxe ás autoridades españolas a que centren os seus esforzos en revelar a verdade dos milleiros de desaparicións forzadas, execucións extraxudiciais e actos de tortura cometidos durante o franquismo e en proporcionar reparación plena ás vítimas e ás súas familias.
Amnistía Internacional, entre as 75 organizacións piden a Rajoy que se aprobe o II
Esta solicitude enlaza coa petición de Nacións Unidas para que os diferentes Estados adopten Plans Nacionais de Dereitos Humanos, e coa resolución adoptada en xuño pasado no Congreso dos Deputados no transcurso do Debate do Estado da Nación, coa que a maioría dos partidos políticos, incluída a totalidade do Grupo Popular, comprometéronse a adoptar un novo Plan para a X Lexislatura.
Para as organizacións que asinan, o Plan debe garantir medidas concretas tanto de política exterior como de política interior. Igualmente debe incorporar obxectivos claros, estratexias de acción e prazos de aplicación que permitan contribuír á consecución de resultados. O Plan debe avanzar tamén cara a unha maior transparencia coa sociedade civil e o Congreso dos Deputados, a quen o Goberno deberá informar anualmente sobre o cumprimento de devandito Plan.
Para Amnistía Internacional os dereitos humanos deben considerarse un interese nacional e deben estar no centro das políticas que se leven a cabo, de aí a importancia do II Plan de Dereitos Humanos. Só así se conseguirán avances que beneficien ás miles de vítimas de violacións de dereitos humanos que hai en todo o mundo, incluídas as do propio país. A pena de morte, a pobreza, a impunidade, o racismo, o dereito á vivenda, á saúde, entre outros, deben ser temas prioritarios na adopción deste Plan.
A continuación deixámosvos unha copia da carta.
Oriente Medio e Norte de África: as protestas e a represión continuarán en 2012
Esta é unha das conclusións que recolle Amnistía Internacional nun informe sobre os dramáticos sucesos do ano pasado. No informe, titulado Ano de rebelión: O estado dos dereitos humanos en Oriente Medio e o Norte de África, a organización describe o xeito en que, en 2011, os gobernos da rexión se mostraron dispostos a despregar unha violencia extrema no seu intento de resistirse ao clamor sen precedentes por unha reforma fundamental.
Con todo, segundo manifesta Amnistía Internacional, os movementos de protesta apenas daban sinal de ter intención de renunciar aos seus ambiciosos obxectivos ou aceptar unhas reformas esporádicas. Salvo escasas excepcións, os gobernos negáronse a recoñecer que todo cambiou. Os movementos de protesta de toda a rexión, encabezados en moitos casos por mozos e nos que as mulleres ocuparon un lugar central, demostraron unha asombrosa resistencia ante unha represión en ocasións alarmante.
Demostraron que non se deixarán enganar por reformas que apenas supoñen diferenza respecto ao trato que reciben da policía e as forzas de seguridade. Queren cambios concretos no xeito en que son gobernados, e queren que os responsables dos delitos cometidos no pasado rendan contas dos seus actos. Con todo, os persistentes intentos dos Estados de ofrecer cambios superficiais, de dar marcha atrás aos logros alcanzados polos manifestantes ou, simplemente, de someter á súa poboación mediante a brutalidade revela que, para moitos gobernos, o obxectivo segue sendo a supervivencia do réxime.
Pese ao enorme optimismo que se viviu no Norte de África co derrocamento dos gobernantes que, durante tanto tempo, ocuparan o poder en Túnez, Exipto e Libia, Amnistía Internacional afirma que estes avances aínda non se afianzaron mediante reformas institucionais clave que garantan que ese tipo de abusos non se repite.
Con todo, o máis sorprendente do pasado ano foi que (salvo excepcións) o cambio logrouse en gran medida polos esforzos da xente corrente que se botou ás rúas, non pola influencia e a implicación de potencias estranxeiras. A determinación da xente corrente de toda a rexión de non deixarse disuadir na súa loita pola dignidade e a xustiza é o que nos dá esperanzas para 2012.
Guantánamo: 10 anos de legado tóxico para os dereitos humanos
En opinión de Amnistía Internacional, a non clausura por parte do goberno estadounidense do centro de detención de Guantánamo supón un legado tóxico para os dereitos humanos. Hoxe cúmprese o décimo aniversario do traslado dos primeiros detidos a esta coñecida prisión estadounidense.
Nun informe publicado con motivo do aniversario, titulado Guantánamo: A Decade of Damage to Human Rights, Amnistía Internacional pon de relevo o trato ilexítimo que se inflixe aos detidos de Guantánamo e expón as razóns polas que o centro de detención segue representando un atentado contra os dereitos humanos. "A vulneración de dereitos humanos por parte do goberno estadounidense comezou o primeiro día de detencións en Guantánamo. Dez anos despois, esta situación continúa", declarou Antonio Alonso, portavoz de AI en Vigo.
Pese ao compromiso do presidente Obama de pechar o centro de detención de Guantánamo antes do 22 de xaneiro de 2010, en decembro de 2011 o centro albergaba aínda a 171 homes. Polo menos 12 dos trasladados a Guantánamo o 11 de xaneiro de 2002 seguían recluídos aí.
"En contra deste compromiso, o goberno deixou claro en xaneiro de 2010 que cabía a posibilidade de que catro ducias dos detidos de Guantánamo non fosen sometidos a xuizo nin postos en liberdade, senón que permanecerían en detención militar indefinida sen cargos nin xuízo penal en virtude da interpretación unilateral de Estados Unidos das leis da guerra", continúa Alonso. "Así, parece lóxico pensar que o goberno de Obama adoptou o marco da guerra global ideado durante a presidencia de Bush".
O centro de detención de Guantánamo converteuse nun símbolo de tortura e outros malos tratos cando se abriu, catro meses logo dos atentados do 11-S. Entre os detidos que seguen aí na actualidade hai persoas que foron sometidas a tortura e desaparición forzada por Estados Unidos antes de ser trasladadas a Guantánamo. A rendición de contas por estes crimes de dereito internacional cometidos nun programa de detención secreta xestionado baixo a autoridade presidencial é escasa ou nula. O goberno estadounidense vén bloqueando sistematicamente todos os intentos dos ex detidos de obter unha reparación por estas violacións.
Por iso, Amnistía Internacional abriu unha ciberacción a través da súa páxina web www.actuaconamnistia.org á que calquera persoa pode sumarse para pedir ao presidente de Estados Unidos, Barak Obama, que aborde dunha vez por todas as detencións de Guantánamo:
- liberando a todos os detidos que non sexan acusados e procesados coas    debidas garantías.
- prohibindo o uso de comisións militares.
- abandonando a pretensión de impoñer a pena de morte a algúns detidos.
- e levando ante a xustiza aos responsables da administración estadounidense que cometan violacións de dereitos humanos.
Contamos contigo!
Neste novo ano que comeza, en Amnistía Internacional comezamos unha nova etapa na que pretendemos que todas as persoas teñan unha participación máis activa na defensa dos dereitos humanos.
A túa sensibilidade e colaboración son as que permiten que miles de persoas en todo o mundo reciban un xuízo con garantes, sexan salvadas da pena de morte, permanezan nas súas vivendas sen ser desaloxadas de xeito forzoso ou poidan expresar libremente o seu sentir.
Ademais, día tras día, seguen a se producir centos de violacións de dereitos humanos por todo o planeta. Cuestión pola que cada vez cómpre máis unha cidadanía activa con maior implicación e presenza social. Cada un(ha) de nós somos imprescindíbeis!
En Amnistía Internacional buscamos persoas que, coma ti, se impliquen activamente na defensa dos dereitos dos e das demais. Así podes colaborar connosco na distancia ou de xeito presencial, dando charlas, solicitando permisos, elaborando estratexia, sendo a/o voceiro/a das nosas preocupacións, facendo traballo administrativo e/ou informático, traducindo documentación,  elaborando materiais, deseñando, participando en actos reivindicativos de rúa,... ou do xeito que ti creas que máis podes aportar na defensa dos dereitos humanos. E ao mesmo tempo pódeste implicar no grao que ti queiras:
•              como activista membro: participando activamente na vida do grupo, tomando decisións e asumindo responsabilidades e tarefas propias dentro do grupo.
•              como activista de apoio: asumindo responsabilidades e tarefas específicas dentro do grupo sen participar no resto de eidos nos que traballa o grupo.
•              como activista puntual: participando de xeito ocasional para tarefas moi concretas en campañas determinadas.
•              como activista experto: asesorando, participando profesionalmente en accións concretas ou mobilizando a persoas do teu eido profesional.
Contamos contigo!! Contigo estamos a acadalo!!
Contacta co noso equipo de Xestión do Activismo en activismo.vigo@es.amnesty.org.
Séguenos en:
http://www.es.amnesty.org/vigo
http://www.facebook.com/amnistiavigo
AMNISTÍA INTERNACIONAL
O PODER DA TÚA VOZ!!