
Inicio

En Nicaragua, a violencia e os abusos sexuais contra as mulleres constitúen un fenómeno xeneralizado. Segundo os datos rexistrados, entre xaneiro e agosto de 2009 denunciáronse 1.259 casos de violación . Dúas terceiras partes destes casos afectaban a nenas de 17 anos ou menos.En 2009 entrou en vigor en Nicaragua a lei que prohibe o aborto en todos os casos, incluídos os supostos de grave risco para a vida ou a saúde das mulleres ou de violación. A entrada en vigor da lei deu lugar a un importante incremento da mortalidade materna. O aborto terapéutico era legal en Nicaragua dende hai máis de cen anos.As defensoras dos dereitos humanos que traballan na promoción dos dereitos das mulleres e os dereitos sexuais e reprodutivos son frecuentemente acosadas por...

Amnistía Internacional pediu hoxe aos gobernos europeos que fagan xustiza ás vítimas dos programas de entrega ilegal e detención secreta da CIA, que fixeron posible a desaparición forzada, tortura e maltrato de varias persoas.
Amnistía Internacional pediu hoxe aos gobernos europeos que fagan xustiza ás vítimas dos programas de entrega ilegal e detención secreta da CIA, que fixeron posible a desaparición forzada, tortura e maltrato de varias persoas.
Nun informe publicado hoxe co título Un segredo a voces: Crecentes indicios sobre a complicidade de Europa en entregas extraordinarias e detencións secretas, a organización recolle os indicios máis recentes de complicidade de países europeos nos programas da CIA emprendidos no contexto da loita contra o terrorismo...
[Ler máis]Amnistía Internacional e o actor e productor mexicano Gael García Bernal lanzaron hoxe unha serie de documentais que describen a grave situación dos migrantes irregulares en México.
Os catro documentais, chamados Os Invisibles, recollen a viaxe de centos de migrantes desde a fronteira entre Guatemala e México no seu camiño ata os Estados Unidos. A premiere dos Invisibles coincide co inicio do Foro Mundial sobre Migración e Desenvolvemento deste ano, que ten lugar en Porto Vallarta, México.
Cada ano, miles de migrantes son secuestrados, violados e algunhas veces asasinados enMéxico. Empuxados pola miseria máis absoluta e a inseguridade de regreso a casa, viaxan ao longo deMéxico coa esperanza de chegar aos Estados Unidos e de ver cumprida alí a promesa dunha...
[Ler máis]As autoridades nixerianas deben suspender as demolicións e os desaloxos previstos nas áreas portuarias de Port Harcourt que deixarán a máis de 200.000 persoas expostas a quedar sen fogar, afirma Amnistía Internacional nun informe publicado hoxe.
“As demolicións previstas probablemente afundirán aínda máis na pobreza a centos de miles de persoas pertencentes á poboación máis vulnerable de Nixeria –afirmou Tawanda Hondora, director adxunto do Programa de Amnistía Internacional para África–. O goberno ten que parar os desaloxos da zona portuaria ata que poida garantir o cumprimento das normas internacionais de dereitos humanos.” O goberno do estado de Rivers afirma que a demolición dos molles é necesaria para acometer o Plan Mestre de Gran Port Harcourt, proxecto de...
[Ler máis]As organizacións da Campaña ‘Armas baixo control’ -Amnistía Internacional, Fundació per la Pau, Intermón Oxfam e Greenpeace- ven con profunda preocupación as informacións publicadas onte polo diario “El País” segundo as que o goberno español estaría negociando a venta de carros de combate a Arabia Saudí por valor de 3.000 millóns de euros.
“Preocúpanos que esta posible operación incumpra claramente a Lei sobre o Control do Comercio Exterior de Material de Defensa e de Dobre Uso, que estipula que se denegarán operacións de ventas de armas a países con vulneración de dereitos humanos”, declarou Jordi Armadans, director da Fundació per la Pau.
“Por outro lado, está o inmenso volume desta operación, xa que esta venta supoñería dobrar a cifra global de venta de armas...
[Ler máis]Amónsanse resultados 31 ao 35 de 78