Logo de Amnistia Internacional
CABECERA

Sección Española | Galicia

Formulario para buscar dentro de la web de Amnistía España
CONTENIDO

Inicio

Axenda

Axenda
Non hai eventos na axenda.

Paxinas locais

Paxinas locais


Vigo 09-03-12

O pasado 8 de marzo Amnistía Internacional Vigo uniuse á marcha que, como cada ano, partía ás 20:00h. da Praza de Portugal para esixir "Non máis violencia contra as mulleres".
Aproveitando esta data, Amnistía Internacional quixo destacar o papel fundamental que xogaron as mulleres nos alzamentos de Oriente Medio e o Norte de África, un activismo que se debe traducir en vitorias para os dereitos da muller. En todo Oriente Medio e o Norte de África as mulleres son unha forza inspiradora para o cambio ao haberse alzado contra réximes represivos para defender dereitos humanos fundamentais e promover a reforma e a igualdade. Neste Día Internacional da Muller, AI quixo solidarizarse con estas valentes mulleres, para apoialas na súa loita polos dereitos humanos e a...

[Ler máis]

Vigo 08-03-12

Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, Amnistía Internacional quere destacar o papel fundamental que xogaron as mulleres nos alzamentos de Oriente Medio e o Norte de África. Así mesmo, afirma que ese activismo débese traducir en vitorias para os dereitos da muller.
“En todo Oriente Medio e o Norte de África as mulleres son unha forza inspiradora para o cambio ao terse alzado contra réximes represivos para defender dereitos humanos fundamentais e promover a reforma e a igualdade”, declarou Widney Brown, directora xeral de Dereito Internacional e Política de Amnistía Internacional.“Neste Día Internacional da Muller solidarizamos con estas valentes mulleres, para apoialas na súa loita polos dereitos humanos e a liberdade, e para facerlles saber que teñen...

[Ler máis]

Vigo 05-03-12

O pasado sábado, 3 de marzo, ás 19:00h., tivo lugar, na Sala de conferencias do Centro Cultural Novacaixagalicia, a conferencia As mulleres esiximos xustiza xa!, a cargo da defensora de dereitos humanos Nicole Odia.
Odia é directora da oficina de Kinshasha da organización Acción Contra a Impunidade para os Dereitos Humanos (ACIDH), na República Democrática do Congo. Esta organización, creada no 2004, traballa para poñer fin á impunidade por violacións de dereitos humanos na RDC. As súas actividades principais inclúen a supervisión, defensa, sensibilización e formación en dereitos humanos.

 

O sábado estivo en Vigo iniciando o seu vira por varias cidades europeas. Nicole veu a Europa invitada por AI co obxectivo de solicitar o apoio internacional necesario para que...

[Ler máis]

Vigo 12-02-12

O pasado sábado, 11 de febreiro, Amnistía Internacional mobilizouse en máis de vinte países de países para celebrar un Día de Acción Global para demostrar a súa solidariedade cos activistas da primavera árabe.
Baixo o lema Non se pode reprimir a primavera árabe, a organización saíu á rúa para apoiar a dignidade e a coraxe das persoas que se mobilizaron, e o seguen facendo, en Oriente Medio e o Norte de África, arriscando as súas vidas, para reclamar respecto aos dereitos humanos. 

 

O grupo local de Vigo sumouse a esta iniciativa cun acto celebrado o mesmo sábado 11, de 11:00 a 14:00h, en Príncipe, esquina con Velázquez Moreno. O acto comezou coa lectura dun poema de Aayat Hasan Yusuf Mohmed Alqormozi, apresada por criticar a través do mesmo ao...

[Ler máis]
Vigo 26-01-12

ACTÚA!: envía, a título persoal, unha carta á Embaixada de EEUU en España, solicitando o seu apoio para a adopción dun Tratado sobre Comercio de Armas que recolla a “regra de ouro”.
Excmo. Sr. D. Alan Solomont Embaixador de los EEUU en España. Embaixada de los EEUU en España.  R/ Serrano 75, 28006 Madrid Fax Nº: 91/5872303

Estimado Sr. 

Escríbolle en relación á negociación do Tratado sobre o Comercio de Armas (TCA) que terá lugar en 2012 no seo da ONU. 

Nos recentes acontecementos relacionados coa "primavera árabe" púxose de manifesto que as transferencias irresponsables de armas contribuíron a cometer ou agravar graves violacións dos dereitos humanos nestes países. Os feitos evidencian a insuficiencia dos actuais controis sobre as...

[Ler máis]

Amónsanse resultados 1 ao 5 de 78

1

2

3

4

5

6

7

Seguinte >