
Inicio Noticia
ACTÚA!: envía, a título persoal, unha carta á Embaixada de EEUU en España, solicitando o seu apoio para a adopción dun Tratado sobre Comercio de Armas que recolla a “regra de ouro”.
Excmo. Sr. D. Alan Solomont
Embaixador de los EEUU en España. Embaixada de los EEUU en España.
R/ Serrano 75, 28006 Madrid
Fax Nº: 91/5872303
Estimado Sr.
Escríbolle en relación á negociación do Tratado sobre o Comercio de Armas (TCA) que terá lugar en 2012 no seo da ONU.
Nos recentes acontecementos relacionados coa "primavera árabe" púxose de manifesto que as transferencias irresponsables de armas contribuíron a cometer ou agravar graves violacións dos dereitos humanos nestes países. Os feitos evidencian a insuficiencia dos actuais controis sobre as exportacións de armas. É hoxe necesario un TCA efectivo e legalmente vinculante para todos os Estados.
Solicítolle que o seu país apoie un TCA mediante o cal se denegue a autorización dunha transferencia de armas cando exista un risco substancial de que estas armas poidan ser usadas para cometer ou facilitar que se cometan violacións graves dos dereitos humanos. Esta "regra de ouro" tamén deberá aplicarse cando exista o risco de que a transferencia poida desviarse a usuarios finais non autorizados. O alcance do TCA debe abarcar a todos os tipos de armas, municións e armamento destinados ao uso letal da forza en operacións militares ou policiais, a calquera dos seus compoñentes e accesorios, así como ás tecnoloxías e os coñecementos técnicos necesarios para a fabricación e o mantemento deses artigos.
Compártelo