Logo de Amnistia Internacional
CABECERA

Sección Española | Galicia | Vigo

Formulario para buscar dentro de la web de Amnistía España
CONTENIDO

Destacamos

Destacamos
8 de marzo. ACTÚA!

Inicio  Noticia

Noticia
Vigo. 10-01-12
Guantánamo: 10 anos de legado tóxico para os dereitos humanos

AI abre unha ciberacción en www.actuaconamnistia.org que pide a Obama solucións para os detidos

Haz clic para ampliar
Base Naval de Bahía de Guantánamo © APGraphicsBank

En opinión de Amnistía Internacional, a non clausura por parte do goberno estadounidense do centro de detención de Guantánamo supón un legado tóxico para os dereitos humanos. Hoxe cúmprese o décimo aniversario do traslado dos primeiros detidos a esta coñecida prisión estadounidense. 

 

Nun informe publicado con motivo do aniversario, titulado Guantánamo: A Decade of Damage to Human Rights, Amnistía Internacional pon de relevo o trato ilexítimo que se inflixe aos detidos de Guantánamo e expón as razóns polas que o centro de detención segue representando un atentado contra os dereitos humanos. "A vulneración de dereitos humanos por parte do goberno estadounidense comezou o primeiro día de detencións en Guantánamo. Dez anos despois, esta situación continúa", declarou Antonio Alonso, portavoz de AI en Vigo. 

 

Pese ao compromiso do presidente Obama de pechar o centro de detención de Guantánamo antes do 22 de xaneiro de 2010, en decembro de 2011 o centro albergaba aínda a 171 homes. Polo menos 12 dos trasladados a Guantánamo o 11 de xaneiro de 2002 seguían recluídos aí. 

 

"En contra deste compromiso, o goberno deixou claro en xaneiro de 2010 que cabía a posibilidade de que catro ducias dos detidos de Guantánamo non fosen sometidos a xuizo nin postos en liberdade, senón que permanecerían en detención militar indefinida sen cargos nin xuízo penal en virtude da interpretación unilateral de Estados Unidos das leis da guerra", continúa Alonso. "Así, parece lóxico pensar que o goberno de Obama adoptou o marco da guerra global ideado durante a presidencia de Bush". 

 

O centro de detención de Guantánamo converteuse nun símbolo de tortura e outros malos tratos cando se abriu, catro meses logo dos atentados do 11-S. Entre os detidos que seguen aí na actualidade hai persoas que foron sometidas a tortura e desaparición forzada por Estados Unidos antes de ser trasladadas a Guantánamo. A rendición de contas por estes crimes de dereito internacional cometidos nun programa de detención secreta xestionado baixo a autoridade presidencial é escasa ou nula. O goberno estadounidense vén bloqueando sistematicamente todos os intentos dos ex detidos de obter unha reparación por estas violacións. 

 

Por iso, Amnistía Internacional abriu unha ciberacción a través da súa páxina web www.actuaconamnistia.org á que calquera persoa pode sumarse para pedir ao presidente de Estados Unidos, Barak Obama, que aborde dunha vez por todas as detencións de Guantánamo: 

 

            - liberando a todos os detidos que non sexan acusados e procesados coas    debidas garantías. 

            - prohibindo o uso de comisións militares. 

            - abandonando a pretensión de impoñer a pena de morte a algúns detidos. 

            - e levando ante a xustiza aos responsables da administración estadounidense que cometan violacións de dereitos humanos.