Logo de Amnistia Internacional
CABECERA

Sección Española | Galicia | Vigo

Formulario para buscar dentro de la web de Amnistía España
CONTENIDO

Destacamos

Destacamos
8 de marzo. ACTÚA!

Inicio  Noticia

Noticia
Vigo. 20-01-12
Caso Garzón: ninguén debe ser xulgado por investigar violacións de dereitos humanos

O Tribunal Supremo debe ter en conta no proceso as obrigacións de dereito internacional que pesan sobre España

O próximo 24 de xaneiro comeza no Tribunal Supremo o proceso xudicial contra o xuíz da Audiencia Nacional Baltasar Garzón, no que se persegue penalmente ao maxistrado, actualmente suspendido, por iniciar unha investigación sobre violacións a dereitos humanos cometidas durante a guerra civil e o franquismo. 

 

Amnistía Internacional considera escandaloso que un maxistrado sexa xulgado por buscar a xustiza, a verdade e a reparación para as vítimas e os familiares dunha violación masiva de dereitos humanos. A investigación dos abusos contra os dereitos humanos é unha obrigación de dereito internacional para o Estado español, incluíndo o Poder Xudicial no seu conxunto. 

 

Ao xuíz da Audiencia Nacional acúsaselle dun presunto delito de prevaricación por abrir unha causa na Audiencia Nacional para investigar a desaparición forzada de 114.266 persoas entre o 17 de xullo de 1936 e decembro de 1951. A Garzón acúsaselle, entre outras cuestións, de non aplicar a propósito a Lei de Amnistía de 1977 na instrución do caso. 

 

Amnistía Internacional considera irrelevante que a investigación do xuíz Garzón infrinxira ou non a lexislación nacional española, xa que é xustamente a Lei de Amnistía de 1977 a que impide iniciar procesamentos por delitos de dereito internacional, a que supón un incumprimento das obrigacións contraídas por España en virtude do dereito internacional. Para a organización, xamais pode considerarse como delito a investigación de violacións de dereitos humanos, aínda si para iso é necesario deixar de lado unha lei de amnistía ou outras normas relativas á prescrición dos delitos. 

 

Ademais, é profundamente preocupante a dilación que sufriu a investigación dos crimes de desaparición forzada durante a guerra civil e o franquismo, como recolle un informe que Amnistía Internacional fará público a finais de ano. 

 

Por outra banda, Amnistía Internacional urxe ás autoridades españolas a que centren os seus esforzos en revelar a verdade dos milleiros de desaparicións forzadas, execucións extraxudiciais e actos de tortura cometidos durante o franquismo e en proporcionar reparación plena ás vítimas e ás súas familias.