Logo de Amnistia Internacional
CABECERA

Sección Española | Galicia | Vigo

Formulario para buscar dentro de la web de Amnistía España
CONTENIDO

Destacamos

Destacamos
8 de marzo. ACTÚA!

Inicio  Axenda  Evento

Evento
Vigo. 05-02-12 11-02-12
Non se pode reprimir a primavera árabe

Amnistía Internacional convoca un día de acción global en solidariedade cos activistas da primavera árabe.

Haz clic para ampliar

Amnistía Internacional convocou ás súas activistas de todo o mundo a celebrar, o vindeiro sábado 11 de febreiro, un Día de Acción Global para demostrar a súa solidariedade cos activistas da primavera árabe. Amnistía Internacional Vigo sumarase a esta Acción Global o mesmo sábado 11, na esquina de Príncipe con Velázquez Moreno, de 11:00h a 14:00h. 

Baixo o slogan "Non se pode reprimir a primavera", AI Vigo recollerá firmas que irán dirixidas aos gobernos de Egipto e Siria. O acto comezará coa lectura dun poema de Aayat Hasan Yusuf Mohmed Alqormozi, engaiolada por criticar a través do mesmo ao Primeiro Ministro de Bahrein (podes descargarche o poema en PDF). @s activistas de AI animarán ás persoas asistentes a pegar flores de papel nun gran panel para compoñer a palabra “Solidariedade”. Haberá ademais un taller no que as crianzas poderán fabricar as súas propias flores de papel. 

 


Arquivos:
Poema_Galego.pdf