
Inicio
Amnistía Internacional convoca un día de acción global en solidariedade cos activistas da primavera árabe.
ACTÚA!: envía, a título persoal, unha carta á Embaixada de EEUU en España, solicitando o seu apoio para a adopción dun Tratado sobre Comercio de Armas que recolla a “regra de ouro”.
Excmo. Sr. D. Alan Solomont Embaixador de los EEUU en España. Embaixada de los EEUU en España. R/ Serrano 75, 28006 Madrid Fax Nº: 91/5872303
Estimado Sr.
Escríbolle en relación á negociación do Tratado sobre o Comercio de Armas (TCA) que terá lugar en 2012 no seo da ONU.
Nos recentes acontecementos relacionados coa "primavera árabe" púxose de manifesto que as transferencias irresponsables de armas contribuíron a cometer ou agravar graves violacións dos dereitos humanos nestes países. Os feitos evidencian a insuficiencia dos actuais controis sobre as...
[Ler máis]O Tribunal Supremo debe ter en conta no proceso as obrigacións de dereito internacional que pesan sobre España
O próximo 24 de xaneiro comeza no Tribunal Supremo o proceso xudicial contra o xuíz da Audiencia Nacional Baltasar Garzón, no que se persegue penalmente ao maxistrado, actualmente suspendido, por iniciar unha investigación sobre violacións a dereitos humanos cometidas durante a guerra civil e o franquismo.
Amnistía Internacional considera escandaloso que un maxistrado sexa xulgado por buscar a xustiza, a verdade e a reparación para as vítimas e os familiares dunha violación masiva de dereitos humanos. A investigación dos abusos contra os dereitos humanos é unha obrigación de dereito internacional para o Estado español, incluíndo o Poder...
[Ler máis]
Un total de 75 organizacións, entre elas Amnistía Internacional, dirixíronse mediante unha carta aberta ao Presidente de Goberno, Mariano Rajoy, para instarlle a que aprobe un II Plan de Dereitos Humanos para a X Lexislatura, que dea continuidade e consolide o Plan anterior, posto en marcha en 2009.
Esta solicitude enlaza coa petición de Nacións Unidas para que os diferentes Estados adopten Plans Nacionais de Dereitos Humanos, e coa resolución adoptada en xuño pasado no Congreso dos Deputados no transcurso do Debate do Estado da Nación, coa que a maioría dos partidos políticos, incluída a totalidade do Grupo Popular, comprometéronse a adoptar un novo Plan para a X Lexislatura.
Para as organizacións que asinan, o Plan debe garantir medidas concretas tanto...
[Ler máis]
A represión e a violencia a mans do Estado continuarán azoutando, con toda probabilidade, a Oriente Medio e o Norte de África en 2012 a menos que os gobernos da rexión e as potencias internacionais abran os ollos á magnitude dos cambios que se lles demandan.
Esta é unha das conclusións que recolle Amnistía Internacional nun informe sobre os dramáticos sucesos do ano pasado. No informe, titulado Ano de rebelión: O estado dos dereitos humanos en Oriente Medio e o Norte de África, a organización describe o xeito en que, en 2011, os gobernos da rexión se mostraron dispostos a despregar unha violencia extrema no seu intento de resistirse ao clamor sen precedentes por unha reforma fundamental.
Con todo, segundo manifesta Amnistía Internacional, os movementos de protesta...
[Ler máis]
AI abre unha ciberacción en www.actuaconamnistia.org que pide a Obama solucións para os detidos
En opinión de Amnistía Internacional, a non clausura por parte do goberno estadounidense do centro de detención de Guantánamo supón un legado tóxico para os dereitos humanos. Hoxe cúmprese o décimo aniversario do traslado dos primeiros detidos a esta coñecida prisión estadounidense.
Nun informe publicado con motivo do aniversario, titulado Guantánamo: A Decade of Damage to Human Rights, Amnistía Internacional pon de relevo o trato ilexítimo que se inflixe aos detidos de Guantánamo e expón as razóns polas que o centro de detención segue representando un atentado contra os dereitos humanos. "A vulneración de dereitos humanos por parte do goberno...
[Ler máis]